domingo, 24 de noviembre de 2013

Robert K.Merton


Robert K. Merton considérase o fundador da socioloxía da ciencia nos anos corenta, logo moi influída polos traballos de Kuhn, 'A estrutura das revolucións científicas', 1962 e 1969. A achega básica para a filosofía da ciencia foi introducir o termo paradigma como supostos teóricos xenerais: leis máis técnicas nunha comunidade científica determinada, onde un antigo paradigma é total ou en parte substituído e chámase revolución científica este proceso e o cambio non é de forma acumulativa, senón paradigmático. O capítulo IX desenvolve os conceptos. A primeira edición foi ampliada en 1969 e así é a primeira edición en español.
A primeira socioloxía distinguía uns factores internos da propia ciencia (metodoloxía, obxectivos, etc.) que eran independentes doutros factores externos (sociolóxicos, políticos, etc.) non pertencentes á ciencia. Pero a socioloxía da ciencia actual prescinde desta distinción. David Bloor e Barry Barnes son os principais expoñentes. Afirman que os científicos son persoas que se poden ver tan afectadas polos factores sociolóxicos que debemos pensar que todas as crenzas son igualmente problemáticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario