miércoles, 23 de abril de 2014

os "wearables e "drones" seran malos para a vida,segun os estadounidenses


Unha nova investigación realizada polo Centro Pew Research destapa que a maioría dos estadounidenses non están moi entusiasmados polas novas tecnoloxías ou os avances tecnolóxicos. Algunhas das cousas que menos lles chama a atención son os drones comerciais e a selección xenética, xa que consideran que será un cambio a peor para a vida. En canto ao uso dos dispositivos denominados «wearables» (vestibles), a metade dos americanos considera que teñen efectos perniciosos.

O centro de investigación preguntou aos cidadáns unha ampla gama de cuestións sobre avances científicos, desde robótica, bioingeniería, ata posibilidades «futuristas» de teletransportación. Pero non só isto, senón que lles pediu que asumisen unha posición sobre estas funcións e como afectarían á vida.

En término xerais, a maioría dos estadounidenses encuestados consideran que os avaneces tecnolóxicos terán un impacto positivo na sociedade. Por exemplo, esperan que nos próximos 50 anos, as persoas que necesiten un órgano novo poidan conseguir un que sexa cultivado en laboratorios ou que os robots poidan facer obras de artes sen que teñan diferenza coas creadas por humanos.

Pero ao mesmo tempo, mentres se espera que algúns cambios tecnolóxicos e científicos cheguen pronto para ben, hai outros asuntos que causan receo ou creen que son controversiales. Por exemplo, 65% dos encuestados cre que todo irá a peor si os robots empezan a coidar dos anciáns e dos enfermos.

Outro 63% considera que tamén será un cambio a peor na vida si dáse permiso aos drones comerciais para sobrevoar a maior parte do espazo aéreo (en EE.UU.). do mesmo xeito que só o 48% dos encuestados estarían dispostos a dar un paseo nun coche sen condutor, unha das tecnoloxías que están investigando grandes empresas como Google e que os analistas consideran que revolucionará o mundo da condución e o transporte.

A isto súmase que un 53% cre que será algo malo que se usen implantes ou «wearables» ao considerar «que constantemente mostren información sobre o mundo que lles rodea», mientars que o 37% da sociedade cre que estaría mellor utilizando estes aparellos. «Esta moda vai ter que evolucionar para superar o estigma contra a tecnoloxía portátil e as aplicacións deseñadas para eses dispositivos para convencer á xente que tamén terá cousas útiles», aseguran os investigadores.

«Cando o costo da recolección de información sobre prácticamente calquera interacción humana tende a cero, o punto de vista que gañamos sobre a nosa actividade cambiará o xeito en que nos relacionamos os uns cos outros, coas institucións. Imos chegar a ser moito máis conscientes das consecuencias das nosas accións», agrega Patrick Tucke

Un 66% cre que a selección xenética, na que os pais poidan elixir si queren fillos máis atléticos ou intelixentes, será peor para a vida. Só o 48% da poboación estaría interesada en estar nun coche que non necesite condutor. Un 78% sinala que non está disposto a comer carne cultivada no laboratorio, como as hamburguesas in vitro de 332.000 dólares que patrocinou Sergey Brin, cofundador de Google.

No hay comentarios:

Publicar un comentario