miércoles, 19 de febrero de 2014

¿que é o traballo dende a perpectva de Marx?

Os seres humanos chegan á plenitude da súa humanidade a través do traballo, ten este un carácter esencialmente social e histórico e serve para a transformación da realidade. Pero as condicións nas que se realiza o traballo marcan unha diferencia crucial. No capitalismo os traballadores manteñen unha relación de desigualdade co propietario dos medios de producción a quen eles venden o seu traballo. A forza de traballo pasa a ser unha mercadoría que se vende. O prezo da forza do traballo vai depender do tempo socialmente necesario para producir a mercadoría. O obreiro vende a súa forza de traballo e percibe por iso un salario. Cando o que produce excede o que lle pagan, xenera unha plusvalía, que pasa a mans do capitalista. Como os traballadores non posúen medios de producción propios, teñen que seguir baixo esa dominación e é así como xorde a súa alienación.
Así pois, no proceso de traballo da socieddade capitalista prodúcese a alienación económica, que comporta catro aspectos básicos: a) o propio producto do traballo, ou obxecto creado polo obreiro, convértese para el nun obxecto alleo porque é desposuído do mesmo ó pasar a ser propiedade do propietario dos medios de producción; b) o traballo convértese na sociedade burguesa en traballo forzado, en puro medio de subsistencia, que nega ó ser humano en vez de afirmalo, pois na sociedade capitalista -no canto de imprimir o traballador ó producto elaborado o seu propio carácter persoal, único e irrepetible- a personalidade do traballador non queda inscrita no producto, senón que, pola contra, o propio traballador é tratado como unha mercadoría máis que se vende no mercado; c) o traballador perde a súa condición esencial de productor universal, libre e consciente, pois a súa actividdae queda reducida á demanda da producción, sendo limitada e unilateral; e d) como consecuencia, as relacións humanas tamén quedan alienadas ó provocar esta sociedade burguesa que esas relacións humanas queden reducidas ás relacións mercantís, de competencia e de eficacia, facendo que cada persoa sexa estraña e inimiga dss demais.
Segundo Marx, a dialéctica histórica levará a unha contradicción (á crecente monopolización dos medios de producción fronte á crecente socialización das forzas productivas). Este proceso, rexido polas leis -necesarias- do desenvolvemento histórico dará como resultado a loita de clases e o advento daunha sociedade comunista na que se eliminaría o estado de alienación dos homes polos homes. É este o aspecto utópico do marxismo?

No hay comentarios:

Publicar un comentario