miércoles, 19 de febrero de 2014

¿que é a tecnica?

A palabra técnica vén do grego "techne", que significa arte, oficio, habilidade, saber. Designa o conxunto de coñecementos e destrezas, que se transmiten culturalmente, e que permiten a transformación do medio. Na Idade Media foi substituído o termo techné polo de ars (arte) e despois polo de ars mechanica. Ata a Ilustración a técnica era algo propio dos artesáns, estaba ligado ós gremios e ós traballos manuais; pero nesa época a técnica comeza a formar parte do conxunto do saber.
O termo tecnoloxía é moito máis novo, foi acuñado no século XVII, deriva da aparición da ciencia moderna e desenvólvese fundamentalmente a partir da Revolución Industrial. Representa o conxunto de actividades e coñecementos que, con función transformadora, están vencellados ó desenvolvemento científico.
Técnica e tecnoloxía teñen en común o seu carácter de realidade transformadora; a diferencia é que a tecnoloxía está vencellada á ciencia (de aí que tamén se denomine tecnociencia), e a técnica, non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario