miércoles, 19 de febrero de 2014

¿que é o traballo?

O traballo é unha actividade transformadora da realidade que ten carácter público e está dirixida á consecución dun fin. Pero este termo non foi empregado ata o século XVI (antigamente ó conxunto de actividades necesarias para poder vivir chamábaselle labor).
Nun principio o traballo non ten un carácter social. En Grecia e en Roma, esa actividade realizábase no ámbito doméstico. Os seres encargados da producción de bens materiais eran os escravos, os cales quedaban totalmente excluídos da vida pública, e gracias a eles os cidadáns podían dedicarse á vida da polis, ó cultivo da mente, ó ocio... Os amos tiñan propiedade sobre os escravos, sobre os medios de producción e sobre o producto; a cambio dábanlle ós escravos os medios de subsistencia. Como a satisfacción das necesidades era algo que os seres humanos compartían cos animais, ou sexa non era específico da especie humana, o traballo físico era considerado como unha actividade denigrante.
Na Idade Media continúa sendo algo negativo; pero a consecuencia da urbanización xorden os gremios e con eles o traballo manufacturado e unha mellor valoración do traballo. Esa tendencia agudízase trala Reforma luterana, que considera ó traballo como un modo de servir a Deus.
No século XVIII prodúcese o cambio definitivo na concepción do traballo, pasando a ser unha maneira de gañarse a vida, de ascender socialmente un xeito de integración social e tamén un dereito e un deber social.
Co desenvolvemento industrial do século XIX e a partir das ideais de liberación individual do século XVIII, a realidade social do traballo adquire novas dimensións. Xorden así distintas reflexións sobre ese fenómeno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario